"XEscola é un xestor de contidos adaptado para centros de ensino"
Instalación
-Requerimentos minimos.
XEscola sustentase e está pensado para funcionar nestes termos:
- - Servidor web Apache2 2.0.X
- - Xestor de base de datos MySQL 5.X ( recomendado )
- - Sistema de prepocesamento de texto PHP 5.X
- - Asimesmo recoméndase unha ferramenta visual de SQL como PHPMyAdmin.
-Consideracións.
XEscola precisa unha base de datos para o seu funcionamento, precisarase un acceso con permisos suficientes para a súa modificación, facilitados polo seu proveedor de Hosting.
Se ten problemas co seu servidor comprobe que os permisos de arquivos e directorios/carpetas e subdirectorios/subcarpetas estén por embaixo de 755 ( notación de permisos octal )
-Instalación.
Debe descomprimir o arquivo Xescola.zip nunha carpeta do seu servidor web. Teña en conta o nome desta carpeta. Dirixase e modifique o arquivo "system\application\config\config.php" na linea 15 debe figurar:
- $config['base_url']= "direccion_do_seu_sitio_web";
Opcionalmente pode configurar Xescola para que apareza como lingua predeterminada o español desta forma:
- $config['language']="spanish";
No arquivo "system\application\config\database.php" a partires da linea 40 debe configurar os datos de acceso a sua base de datos, de forma semellante a:
- $db['default']['hostname'] = "localhost";
- $db['default']['username'] = "usuariodatabase";
- $db['default']['password'] = "contrasinal";
- $db['default']['database'] = "xescola_basededatos";
Agora debe crear as bases de datos. Unha forma sinxela e mediante a ferramenta PHPMyAdmin, facilitada polo seu proveedor de Hosting. Debe importar os arquivos "taboas.sql" e "rexistros.sql" neste preciso orde. Tamen pode abrir os arquivos, seleccionar todo a texto que conteñen e pegalo na pestana "SQL" no PHPMyAdmin. Estes arquivos conteñen a información que precisa calquera ferramenta de SQL para a creación da base de datos.
Debe modificar o arquivo "admin\include\dbcommon.php" na liña 28 cos datos de acceso a sua base de datos.
- $host="localhost";
- $user="usuariodatabase";
- $pwd="contrasinal";
- $sys_dbname="xescola_basededatos";
-Finalización de instalación.
No seu navegador dirixase a esta URL para finalizar a instalación e comezar a utilizar XEscola:
http://www.oseusitioweb/carpeta_onde_descomprimiu/admin.
XEscola estará en funcioamento na URL :
http://www.oseusitioweb/carpeta_onde_descomprimiu/
Pode dirixirse á sección de documentación, onde existe máis información dispoñible.





